- Os veciños que se atopen nesta situación e precisen de axuda poden chamar aos teléfonos 986 55 94 56 e 659 06 37 14
- Os maiores son o sector da poboación mais vulnerable ante o coronavirus, polo que deben extremar as precaucións
Valga, 16 marzo de 2020.
A consecuencia da crise do coronavirus, a Concellería de Benestar Social do Concello de Valga pon en funcionamento un servizo especial dirixido ás persoas maiores que vivan soas para atender as súas necesidades urxentes.
Os veciños que se atopen nesta situación poden poñerse en contacto co Concello a través dos números de teléfono 986 55 94 56 ou 659 06 37 14.
As persoas de idade avanzada e, especialmente aquelas que padecen algunha patoloxía, son o sector da poboación máis vulnerable ante o coronavirus e por iso deben extremar as precaucións, sen saír das súas casas e mantendo o menor contacto posible con outras persoas.