- As mulleres que precisen deste servizo poden chamar ao número 636 75 79 69
- A Concellería de Igualdade lembra, ademais, que as vítimas de malos tratos tamén teñen á súa disposición o teléfono 016
Valga, 16 marzo de 2020.
O Concello de Valga manterá activo o servizo do Centro de Información á Muller (CIM). A pesares das circunstancias sociais derivadas da expansión do coronavirus e do Estado de Alarma decretado polo Goberno central, o Concello entende que este é un servizo necesario e que non pode suspenderse.
Desta maneira, continuará prestándose asesoramento xurídico e psicolóxico ás mulleres que o precisen, aínda que non se fará presencialmente senón a través do teléfono. O número habilitado é o 636 75 79 69, que estará dispoñible os martes de 9:00 a 14:00 e os xoves de 15:00 a 17:00 para asesoramento psicolóxico e venres de 9:00 a 14:00 para consultas de carácter xurídico.
A Concellería de Igualdade lembra ás mulleres que tamén teñen á súa disposición o teléfono 016 de atención a víctimas de violencia de xénero, un número que non deixa rastro na factura.