Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os empregados municipais traballarán en réxime de servizos mínimos de 9 a 14 horas

- O goberno municipal pide á veciñanza que respecte o estado de alarma e permaneza illada nas súas casas

CasaConcello

Valga, 16 marzo de 2020.

Debido ao estado de alarma declarado polo Goberno do Estado a través do Real Decreto 463/2020, o Concello de Valga pecha as oficinas municipais e suspende temporalmente a atención presencial á cidadanía, que terá á súa disposición as vías telefónica e telemática para resolver asuntos de emerxencia

Os empregados municipais traballarán en servizos mínimos de 9 a 14 horas realizando tarefas administrativas, garantindo a prestación dos servizos básicos e atendendo aquelas outras necesidades que poidan xurdir. En concreto, mantéñense en funcionamento o Rexistro, o Portelo Único e os Servizos Sociais, ademais doutros departamentos de carácter interno.

Os veciños teñen á súa disposición os teléfonos 986 55 94 56 e 986 55 92 44 e o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. só para resolver asuntos de urxencia, tendo en conta que o Real Decreto 463/2020 establece, na súa disposición adicional terceira, a suspensión de todos os prazos administrativos.

Hai que lembrar que dende o pasado venres todos os centros sociais, culturais, deportivos, veciñais e sociocomunitarios dependentes do Concello de Valga permanecen tamén pechados e sen actividade en cumprimento das directrices marcadas polas autoridades sanitarias.

O goberno municipal pide encarecidamente á veciñanza que cumpra escrupulosamente as medidas ditadas polas autoridades para evitar a expansión do coronavirus, especialmente aquelas relacionadas co illamento social, permanecendo nas súas casas e saíndo só cando sexa necesario para ir a traballar ou para mercar produtos de primeira necesidade. O Concello lembra que é RESPONSABILIDADE DE TODOS deter a expansión do Covid-19 e evitar que as persoas con maior risco –maiores e persoas con patoloxías previas– poidan entrar en contacto co virus.

EN CASO DE QUE ALGUNHA PERSOA PRESENTE OS SÍNTOMAS DA ENFERMIDADE, NON DEBE DESPRAZARSE AO CENTRO DE SAÚDE SENÓN CHAMAR POR TELÉFONO AO 900 400 116 E SEGUIR AS INDICACIÓNS QUE LLE TRANSMITAN.

Real Decreto 463/2020: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-3692

Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200315/AnuncioG0244-150320-1_gl.html   

Volver