Valga, 13 de marzo de 2020
O Concello de Valga informa sobre as medidas que aprobou, na tarde de hoxe, o Consello Extraordinario da Xunta de Galicia para previr a expansión do coronavirus COVID-19 na nosa comunidade, facendo un chamamento á veciñanza para que actúe con responsabilide e atenda as recomendacións.
- Todos os locais veciñais, culturais e sociais deben permanecer pechados e sen actividade
- Os centros de día, os centros ocupacionais coma o CODI, colexios, escolas infantís e albergues permanecerán pechados
- Os bares e restaurantes estarán pechados. Só se manterán as entregas a domicilio e o servizo de recollida nos locais
- As tendas e comercios deben permanecer pechados, coas seguintes excepcións: supermercados, froiterías, carnicerías, peixerías, panaderías, farmacias, quioscos e tendas de alimentación
- O aforo no tanatorio verase reducido a un tercio
- Recoméndase o illamento social, evitando viaxar e saír á rúa o mínimo posible
- Pídese á veciñanza que non faga uso dos parques infantís nin outras zonas de ocio e espazos públicos
- Apélase á RESPONSABILIDADE SOCIAL, pedindo á cidadanía un esforzo no cumprimento destas directrices POLO BEN DE TODOS, especialmente dos colectivos máis vulnerables ante o coronavirus
SE PRESENTA SÍNTOMAS DA ENFERMIDADE, chamar ao teléfono 900 400 116
O 061 queda reservado só para urxencias médicas
Máis información sobre o coronavirus en: https://coronavirus.sergas.gal