Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

O Concello de Valga conta coa plataforma de mensaxería instantánea TokApp para comunicarse coa veciñanza a través de smartphone ou tablet. Trátase dunha aplicación que permite aos usuarios recibir información de forma directa, segura e respectando a privacidade e a confidencialidade esixidas pola Lei de Protección de Datos.

TokApp permite que calquera cidadán poida seguir as novidades municipais a través dos grupos de subscrición que ten abertos o Concello e que, a día de hoxe, son: Actividades culturais e deportivas, Emprego e formación, Axudas e Información xeral. As persoas usuarias poderán subscribirse aos grupos que queiran a fin de recibir só a información que lles resulte de interese.

A plataforma pode descargarse de xeito totalmente gratuíto a través do enlace https://tokapp.com/suscripciones/concello-de-valga/934158 ou accedendo dende o dispositivo móbil a App Store (iOS) ou Google Play (Android), buscando “TokApp” e descargando a aplicación. Ao abrila hai que seleccionar o país e cubrir os datos para a creación do usuario e o contrasinal. A continuación, subscribirse ao Concello de Valga e, dentro desta opción, ás listas temáticas ou grupos que se consideren de interese. 

Unha das principais características de TokApp é que garante a privacidade dos datos persoais, de modo que non fai falta rexistrarse cun número de teléfono e incluso existe a opción de desactivar a visibilidade do email e teléfono de forma que só sexa visible o nome de usuario empregado á hora de rexistrarse. Ademais, as mensaxes enviadas a múltiples destinatarios realízanse de maneira privada e as respostas non son visibles a outros usuarios.

Descargar Manual de usuario de TokApp

Vídeos explicativos sobre a instalación e uso de TokApp:

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver