- “De festa en Festa" levou o premio ao mellor disfrace de Valga
- O desfile, que se celebrou onte en Ferreirós, contou cun total de 76 inscricións
Valga, 2 marzo de 2020.
O Desfile de Entroido que se celebrou na tarde de onte nas inmediacións do Auditorio Municipal contou cun total de 76 inscricións: 27 disfraces individuais, 20 parellas, 14 grupos e 15 comparsas.
O certame repartiu un total de 2.850 euros en premios. Os participantes fixeron un pequeno percorrido por Ferreirós para amosar os seus disfraces tanto ao numeroso público presente como ao xurado, que estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, e integrado por representantes de asociacións e colectivos valgueses.
Os gañadores foron:
INFANTIL INDIVIDUAL:
- 1º premio (50 euros): Madame Nupick; Mellor reciclar
- 2º premio (40 euros): Wampa
- 3º premio (30 euros): Rato Pérez
- 4º premio (20 euros): A coruxa dos briks
PARELLAS INFANTÍS:
- 1º premio (70 euros): Esto es todo amigos
- 2º premio (40 euros): Gota Lenta
GRUPOS INFANTÍS
- 1º premio (100 euros): El arte de la comedia
- 2º premio (50 euros): Estrella Galicia
COMPARSAS INFANTÍS:
- 1º premio (200 euros): Indios XXL
- 2º premio (100 euros): As Meninas de Velázquez
ADULTO INDIVIDUAL:
- 1º premio (80 euros): O espantapaxaros automático
- 2º premio (40 euros): Avestruz revoltosa
PARELLAS ADULTOS:
- 1º premio (120 euros): Dragón e mazmorra
- 2º premio (60 euros): Monicreques na rúa
GRUPOS ADULTOS:
- 1º premio (200 euros): Os Picapedra
- 2º premio (100 euros): O ritmo do Vaticano
COMPARSAS ADULTOS:
- 1º premio (800 euros): Armatroulas de Laraño
- 2º premio (500 euros): Fantasía na fraga
- 3º premio (150 euros): David e Goliat
O xurado outorgou tamén un premio único de 100 euros ao mellor disfrace de Valga, que recaeu en "De festa es festa". O premio ao mellor disfrace dunha muller representativa da historia quedou deserto.