- As restricións de tráfico tamén afectarán ás pistas que desembocan neste vial
- Os vehículos desviaranse por Loncras e irán saír á estrada EP-8505, que une Ferreirós con Vilar
Valga, 28 de febreiro de 2020.
A celebración este domingo –se a chuvia o permite– do desfile de Entroido obrigará a adoptar restricións no tráfico na estrada PO-190, en Ferreirós.
O tramo comprendido entre a escola e o cruce co vial EP-8505 (que une Ferreirós con Vilar) estará cortado a partir das 16 horas, aproximadamente, e ata que remate o desfile. Tamén estará restrinxido o acceso de vehículos dende as pistas que desembocan neste tramo de estrada. A circulación desviarase por Loncras ata saír na estrada EP-8505.
A zona afectada polo corte estará debidamente sinalizada para advertir aos condutores das restricións no tránsito de vehículos e tanto a Policía Local coma Protección Civil vixilarán os puntos máis conflitivos.
O Concello fai un chamamento aos condutores para que respecten a sinalización e eviten circular por esta zona a partir das 16 horas.
En caso de que se suspenda o desfile, o corte de tráfico quedará sen efecto.