Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os máis pequerrechos do concello disfrazáronse de animais para recrear a Arca de Noé

- Mañá sábado, ás 20 horas, celébrase o concerto de Entroido da Escola de Música, co alumnado de Música e Movemento

CarnavEIM0

Valga, 21 de febreiro de 2020.

As celebracións de Carnaval continúan e esta tarde tiveron como epicentro o Auditorio, con dúas citas xa habituais nos últimos anos: o festival da Escola Infantil Municipal e o obradoiro de caretas organizado pola biblioteca de Cordeiro.

Os rapaces máis pequerrechos do concello protagonizaron unha festa na que recrearon a Arca de Noé, disfrazándose de animais coma ovellas, crocodilos, monos, unicornios, gatos ou elefantes. Actuaron para as súas familias e, a continuación, todos desfrutaron dunha merenda a base de produtos típicos do Entroido.

Mentras, na biblioteca tivo lugar un obradoiro de elaboración de caretas. Os nenos participantes pintaron, recortaron e adornaron con purpurina e plumas as súas máscaras e antifaces.

Mañá sábado, a partir das 20 horas, continúan as celebracións co concerto de Entroido da Escola Municipal de Música. Actuarán os alumnos de Música e Movemento, co mestre Tomás Rábanos á fronte. A entrada é de balde.

CarnavEIM1 CarnavEIM2

          CarnavEIM3            CarnavEIM4

CarnavCaretas1 CarnavCaretas2

CarnavCaretas3           CarnavCaretas4

Volver