Data e hora: 20 de febreiro de 2020 ás 21:00 horas
Lugar: Salón de Plenos
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
A) Parte resolutiva
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 25 de novembro de 2019.
2. Expediente 89/2020. Toma de posesión como concelleiro de Marcos Magán Iglesias.
3. Aprobación, se procede, do proxecto "Embarcadoiro en Valga", elaborado pola entidade Portos de Galicia por importe de 332.439'27 euros.
4. Aprobación, se procede, do proxecto "Reconstrución da antiga liña de vagonetas de transporte de arxila dende a Mina Mercedes ata o punto de carga e descarga no río Ulla", por un importe de 3.995.525'60 euros.
5. Expediente 92/2020. Belén Artesanal en Movemento. Solicitude de Declaración de Interese Turístico Nacional.
6. Expediente 90/2020. Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía.
7. Expediente 105/2020. Obradoiro de Emprego "Xóvenes Moraña-Valga".
8. Expediente 776/2020. Obradoiro de Emprego.
9. Expediente 103/2020. Caixa de Anticipos. Solicitude por importe de 64.736'43 euros á Caixa de Anticipos para a posta en marcha do Plan Revitaliza en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra. Reunificación nun só dos autorizados.
B) Actividade de control
10. Dar conta dos Decretos de Alcaldía (art. 42 do ROF). Decretos do 2019/523 ao 2019/599 e do 2020/01 ao 2020/55 do Libro de Decretos.
11. Mocións de urxencia.
C) Rogos e preguntas