Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

 - Alumnos, pais, persoal docente e outros veciños sumáronse a esta acción benéfica
- Houbo sorteos e obradoiros de globoflexia e maquillaxe e visitas de Papá Noel e a Patrulla Canina
fest1
 
Valga, 19 de decembro de 2017.
A Escola Infantil Municipal de Valga recadou na tarde de onte cun festival solidario 700 euros para a Fundación Juegaterapia, que traballa para que os nenos enfermos de cancro poidan participar en actividades e xogos propios da súa idade a pesares de estar hospitalizados.
Alumnado, pais, personal docente da escola e outros veciños de Valga participaron no evento benéfico que tivo lugar na tarde de onte no Auditorio Municipal e que contou con música, obradoiros de globoflexia e maquillaxe e un mercado solidario entre outras actividades. Duarante a tarde, os nenos recibiron a visita de Papá Noel e tamén dos personaxes da Patrulla Canina, cos que puideron xogar e facer fotos.
Tamén houbo unha merenda con pizzas, empanada e chocolate con churros, todos produtos donados por colectivos e casas comerciais que colaboraron co festival, case unha trintena en total e que aportaron tamén agasallos para sortear entre os asistentes.
Os 700 euros recadados destinaranse á Fundación Juegaterapia, que traballa coa misión de alegrar a convalecencia aos nenos con cancro ingresados en hospitais e para que poidan sentir o que calquera outro neno: gañas de xogar. Isto conségueno regalándolles xoguetes e convertindo en parques infantís zonas dos hospitais antes sen uso.
 fest3 fest4 
Volver