Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

-A Consellería de Presidencia subvencionou a instalación do ascensor e do sistema de climatización

O inmoble, dende o que xa emite Radio Valga, albergará o Xulgado, a Policía Local, unha biblioteca e o arquivo

DXAdmonLocal1

Valga, 11 de febreiro de 2020.

A directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Marta Fernández Tapias, visitou esta mañá o Edificio Administrativo acompañada polo alcalde, José María Bello Maneiro, os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Comprobaron o estado das últimas obras realizadas no inmoble, algunhas delas subvencionadas pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. É o caso da instalación do ascensor (28.000 euros), o equipamento do novo Xulgado de Paz (10.000 euros) e a dotación dun sistema de calefacción, ventilación e aire acondicionado para dar servizo á planta baixa, actuación para a que o Concello e a Xunta asinaron un convenio por valor de 80.000 euros.

“Estamos dando os antepenúltimos pasos para poder ver rematada as obras deste edificio. Esperamos que durante este ano poidamos terminalo”, indicou o alcalde. Na mesma liña se pronunciou a directora xeral, que tomou nota das actuacións que aínda quedan pendentes para continuar colaborando na súa execución. “O edificio está quedando realmente ben e dende a Consellería seguiremos axudando para conseguir rematalo neste 2020”, dixo. “A Xunta sempre está disposta a colaborar cos concellos, sobre todo cos concellos pequenos, que son os que máis o necesitan”, engadiu.

O Edificio Administrativo, no que xa está en funcionamento a Radio Municipal, albergará tamén na súa planta baixa o Xulgado de Paz e a Policía Local. A planta alta acollerá a nova e ampliada biblioteca e o baixo cuberta fará a función de arquivo.

Coa rehabilitación deste inmoble, que no seu día foi unha escola, o Concello pretende mellorar a prestación de servizos desconxestionando a Casa Consistorial e acadando unha maior proximidade entre a administración e a veciñanza.

DXAdmonLocal2           DXAdmonLocal3

DXAdmonLocal4 DXAdmonLocal5

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver