Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Na actividade participarán coleccionistas e afeccionados coas variedades máis novidosas desta flor

- A mostra é organizada pola asociación de Mulleres Rurais “Albor”, coa colaboración do Concello

expocamelia2018

Valga, 10 de febreiro de 2020.

A XIV Exposición da Camelia Bella Otero celebrarase durante a fin de semana do 7 e 8 de marzo no Auditorio Municipal. A mostra, organizada pola asociación de Mulleres Rurais “Albor” coa colaboración do Concello, traerá a Valga algunhas das variedades máis novidosas da considerada coma “flor de Galicia”.

Como é habitual, a exposición contará coa participación de expositores profesionais, coleccionistas e afeccionados ao mundo da camelia, pero tamén terá un protagonismo destacado a participación local, da man de asociacións e particulares que aportarán centros e composicións florais realizadas con camelias. As inscricións poden realizarse a través da asociación Albor, no Concello ou no Auditorio.

A mostra abrirá ao publico a partir das 13 horas do sábado, 7 de marzo, con entrada de balde. Pola tarde, arredor das 19 horas, entregaranse os recoñecementos aos participantes e, a continuación, haberá actuacións musicais a cargo da Rondalla O Castro e a Coral Cantigas do Castro.

O domingo 8 a exposición permanecerá aberta durante toda a xornada, a partir das 11 da mañá.

CAMELIA2020

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver