Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto inclúe a instalación de depuradoras nas Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e San Miguel

- O investimento, con cargo ao Plan Concellos, superará os 400.000 euros

SaneamentoSocastro1

Valga, 7 de febreiro 2020.

A empresa Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa) retomou esta semana as obras de saneamento nas parroquias de Cordeiro, Xanza, Valga e Setecoros, unha actuación que o Concello tivo que contratar por segunda vez debido ao abandono das obras por parte do primeiro adxudicatario.

O proxecto, no que se invisten 404.741’24 euros, inclúe traballos de mellora e ampliación da rede municipal de alcantarillado en distintos núcleos mediante a dotación de novos colectores e a instalación de pozos de bombeo e depuradoras.

As actuacións reiniciáronse na zona de Balleas-Socastro, en Cordeiro, onde maquinaria e operarios da empresa traballan dende hai días na apertura de zanxas e na colocación de tubaxes. Tamén se levarán a cabo obras en Outeiriño-Baño, Carballiño, Sixto, Chenlo-Pontevealga, Raxoi, Vilar e Cernadas.

A execución dos colectores realízase con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro interior e irán acompañados dos correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometidas das vivendas. Ademais, está proxectada a instalación de dúas estacións depuradoras nas zonas das Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e en San Miguel.

As obras fináncianse con cargo ao Plan Concellos da Deputación.

SaneamentoSocastro2 SaneamentoSocastro3

SaneamentoSocastro4 SaneamentoSocastro5

Volver