- O acto de homenaxe terá lugar o domingo 8 de marzo no Auditorio Municipal
- As valguesas que traballaron ou traballan en profesións coma enfermería, medicina, farmacia, psicoloxía ou outras deste ámbito poden poñerse en contacto do Concello antes do 20 de febreiro
Valga, 6 de de febreiro de 2020.
O Concello de Valga está a organizar os actos conmemorativos con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Nesta ocasión, realizarase unha homenaxe a todas aquelas mulleres do municipio que se adican profesionalmente ás Ciencias da Saúde, tanto no ámbito da Formación Profesional coma no da Universidade.
Valguesas que se adican á medicina, enfermería, farmacia, fisioterapia, nutrición, logopedia, odontoloxía, óptica e optometría, psicoloxía, podoloxía, terapia ocupacional ou calquera outra profesión relacionada coa saúde serán as protagonistas do acto de recoñecemento que se celebrará o domingo 8 de marzo no Auditorio Municipal.
Con tal motivo, o goberno municipal pide ás veciñas de Valga que se atopen nesta situación e traballasen ou traballen nalgunha destas profesións, se poñan en contacto co Concello xa sexa presencialmente ou a través do teléfono 986 55 94 56.