Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

 - As inscricións deben realizarse por anticipado, ata o día 28, nas oficinas do Concello ou a través de correo electrónico

- O certame terá lugar nas inmediacións do Auditorio a partir das 17 horas

Entroido2018

Valga, 6 de febreiro de 2020.

O concurso de Entroido, que organiza a Concellería de Cultura e que terá lugar o domingo 1 de marzo, repartirá 2.850 euros en premios entre os participantes: disfraces individuais, parellas e grupos ou comparsas. Serán un total de vinte e un os premios que se outorguen.

O concurso celebrarase nas inmediacións do Auditorio Municipal a partir das 17 horas, se ben as inscricións deben realizarse por anticipado nas oficinas do Concello (de 9 a 14:30 horas) ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., cubrindo ou enviando a FICHA DE INSCRICIÓN. O prazo rematará o ás 14:30 horas do día 28 de febreiro. O propio día do concurso os participantes deberán recoller o número de dorsal a partir das 16 horas e colocalo nun lugar visible.

Os premios que se establecen para cada unha das categorías son os seguintes:

INFANTÍS (ata 14 anos)

Individual:

  • 1º Premio: 50 euros
  • 2º Premio: 40 euros
  • 3º Premio: 30 euros
  • 4º Premio: 20 euros

Parellas:

  • 1º Premio: 70 euros
  • 2º Premio: 40 euros

Grupos (de 3 a 10 membros, sendo alo menos o 80% nenos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade. En caso de non chegar ao 80% de nenos, o grupo quedará inscrito automáticamente na categoría de adultos):

  • 1º Premio: 100 euros
  • 2º Premio: 50 euros

Comparsas (máis de 10 membros, sendo alo menos o 80% nenos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade. En caso de non chegar ao 80% de nenos, o grupo quedará inscrito automáticamente na categoría de adultos):

  • 1º Premio: 200 euros
  • 2º Premio: 100 euros

ADULTOS (a partir de 15 anos)

Individual:

  • 1º Premio: 80 euros
  • 2º Premio: 40 euros

Parellas:

  • 1º Premio: 120 euros
  • 2º Premio: 60 euros

Grupos (de 3 a 10 membros, sendo a maioría dos seus membros maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

  • 1º Premio: 200 euros
  • 2º Premio: 100 euros

Comparsas (a partir de 10 membros, sendo a maioría dos seus membros maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

  • 1º Premio: 800 euros
  • 2º Premio: 500 euros
  • 3º Premio: 150 euros

Mellor disfrace de Valga (só persoas empadroadas en Valga, ou grupos ou comparsas nos que, como mínimo, o 80% estean censados no concello):

  • Premio único: 100 euros

Mellor disfrace de mulleres representativas da historia:

  • Premio único: 50 euros

O xurado estará presidido polo concelleiro de Cultura e integrado por representantes de distintas asociación de Valga. Os premios entregaranse a través dun vale que deberá canxearse nas oficinas do Concello a partir do día 9 de marzo.

En caso de que condicións meteorolóxicas adversas non permitan levar a cabo o concurso, este quedará automaticamente aprazado para o domingo 8 de febreiro, coas mesmas bases e horario.

Folla de inscrición no Concurso de Entroido 2020

Bases completas do Concurso de Entroido 2020

Modificación das Bases do Concurso de Entroido de 2020

Entroido2020

Volver