Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Cáritas trasladou ao Centro de Día, organizador da acción solidaria, e a todos os colaboradores o seu agradecemento

- Cadros, libros, obxectos decorativos, centros de mesa, labores de bolillos, roupa infantil ou bisutería doados por artistas, veciños e asociacións configuraron o mercadiño benéfico

alimentos1

Valga, 20 de decembro de 2017.

O mercado solidario “Troca arte por alimentos”, que se prolongou durante todo o mes de novembro baixo a organización do Centro de Día de Valga conseguiu xuntar 71 litros de leite, 30 botes de leite infantil, 24 paquetes de cueiros e 27 caixas de cereais entre outros moitos produtos alimenticios e de hixiene que foron entregados a Cáritas para distribuír entre as familias sen recursos. O listado completo de todo o recadado é o seguinte:

  • 27 caixas de cereais
  • 34 paquetes de galletas
  • 2 paquetes de galletas surtidas
  • 4 paquetes de pan tostado
  • 4 paquetes de terróns de azucre
  • 8 quilos de pastas
  • 2 quilos de fabas
  • 13 quilos de garavanzos
  • 6 quilos de lentellas
  • 1 quilo de arroz
  • 5 quilos de azucre
  • 1 quilo de fariña
  • 6 paquetes de cacao soluble
  • 71 litros de leite
  • 20 sobres de sopa
  • 14 litros de aceite
  • 17 paquetes de turrón
  • 10 botes de crema de cacao
  • 14 botes de mermelada
  • 10 botes de café soluble
  • 10 latas de conservas
  • 9 latas de fabada precociñada
  • 2 latas de melocotóns
  • 25 tubos de pasta de dentes
  • 28 cepillos de dentes
  • 3 caixas de panos
  • 11 vasos de plástico
  • 24 paquetes de cueiros de diferentes tallas
  • 15 botes de champú
  • 3 botes de desodorante
  • 15 paquetes de toalliñas infantis
  • 30 botes de leite infantil
  • 2 potitos
  • 4 paquetes de servilletas

Cáritas trasladou ao Centro de Día e a todos os colaboradores do mercado solidario o seu agradecemento pola aportación destes produtos que axudarán a que moitas familias poidan pasar un Nadal un pouco máis agradable. Colaboraron en “Troca arte por alimentos” o Concello de Valga, as asociacións Asdivalu, Mulleres Rurais “Albor”, Palilleiras “A Bella Otero”, Adeval, o Centro de Día de Dodro, Andrea Pazos, Aurea Garabán, Eliana Bouzas, Elena Vidal, Ángeles Garrido, Alba Bello, Luz Dasilva, María Isabel Fojo, Pepe Potel, Elena Lugo e Mónica Otero.

Entre as aportacións de todos eles configurouse un mercadiño con cadros, libros, obxectos decorativos, centros de mesa, labores de bolillos, roupa infantil ou bisutería, entre outros, que saíron á venda por un prezo en alimentos e produtos de hixiene.

alimentos2 alimentos3

Volver