Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O persoal e o alumnado do centro confeccionaron unha pancarta co lema “Xuntos formamos a paz”

MuralPazEIM1

Valga, 30 de xaneiro 2019.

Os centros educativos de Valga celebraron esta mañá diversas actividades con motivo do Día da Paz e da non violencia, que se conmemora cada 30 de xaneiro coincidindo co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi.

Un exemplo foi a Escola Infantil Municipal, na que o alumnado e o persoal docente elaboraron un mural conmemorativo co lema “Xuntos formamos a paz”. Todos os nenos aportaron o seu grao de area na confección da pancarta, que incluía no centro o debuxo dunha pomba, símbolo da paz.

Arredor dela, os alumnos foron colocando as pegadas das súas mans e os mestres acompañáronos con varias frases sobre a paz. “Non chega con falar de paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila” ou “A paz está nas nosas mans”, eran algunhas das consignas que podían lerse.

MuralPazEIM2 MuralPazEIM3

MuralPazEIM4 MuralPazEIM5

Volver