- Tivo unha duración total de 35 horas, das que cinco corresponderon a un módulo de igualdade
- A actividade formou parte do programa provincial "Conectadas 2019" e o Concello Concello colaborou as instalacións
Valga, 29 de xaneiro 2020.
A entrega dos diplomas ás participantes clasurou esta semana o curso de taichí promovido pola asociación de Mulleres Rurais “Albor” e que se impartiu durante os últimos meses no Auditorio Municipal. A duración total foi de 35 horas, das que 5 corresponderon a un módulo de igualdade.
Vinte e cinco mulleres participaron na actividade, dentro do programa provincial “Conectadas 2019” e impartida polo monitor José Manuel Longo. Baixo a súa coordinación, as inscritas practicaron nas sesións semanais esta arte marcial con aplicacións terapéuticas que axuda á consecución dun maior equilibrio físico e psíquico.
A clausura do curso contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Begoña Piñeiro, e do deputado provincial Manuel González, así como da presidenta de “Albor”, Rosa Crespo, que entregaron os diplomas. O Concello de Valga colaborou na actividade cedendo as instalacións municipais.
O colectivo “Albor” leva trece anos consecutivos organizando este curso de taichí.