Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O concerto, organizado pola Escola de Música Municipal, formou parte do diclo “Música coas nosas bandas”

- A formación valguesa actuou acompañada polos cantantes José Ramón Morales e María del Mar González

ConcertoBandas1

Valga, 27 de xaneiro de 2020.

A Banda Escola Xuvenil de Candeán (Vigo) e a Agrupación de Cámara da Escola de Música Municipal de Valga actuaron o sábado no Auditorio Municipal, un concerto que formou parte do ciclo “Música coas nosas bandas”.

A formación viguesa, dirixida por Juan Manuel Corzón Vieites, foi a encargada de abrir as actuacións interpretando o pasodoble “El abanico”, “Cambridge”, “The man from Snowy River”, “Mood romantic”, “All glory – Told” e un tema da banda sonora da película “Piratas del Caribe”.

A continuación subiron ao escenario os músicos valgueses, aos que dirixiu Daniel Barros Díaz. O seu repertorio incluíu os temas “Oye como va”, “Tequila”, “Don’t stop me now”, “Happy”, “Quién será”, “A mi manera” e “Party dance”. Contaron co acompañamento dos cantantes José Ramón Morales e María del Mar González.

BandaCandeán1 BandaCandeán2

CámaraValga1 CámaraValga2

CámaraValga3

 

Volver