Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Participaron na excursión unha trintena de nenos de 2 e 3 anos de idade

- Quedaron abraiados coa montaxe, especialmente coa zona infantil na que aparecen moitos personaxes de debuxos

BelénEIM1

Valga, 17 de xaneiro de 2020.

Unha trintena de alumnos de 2 e 3 anos da Escola Infantil Municipal saiu de excursión esta mañá para visitar o Belén Artesanal en Movemento.

Os pequenos ficaron abraiados coa montaxe e coa cantidade de figuras e escenas que aparecen representadas.

Gustáronlles especialmente detalles como a noria xigante, os Reis Magos e, por enriba de todo, a zona infantil do nacemento na que aparecen alguns dous seus personaxes de debuxos favoritos.

O Belén Artesanal pechou o pasado domingo a súa edición de maior éxito e na que superou todos os rexistros de afluencia, pero ata o mes de setembro aínda pode ser visitado por grupos organizados previa concertación de cita no teléfono 630 95 25 15.

BelénEIM2 BelénEIM3

BelénEIM4 BelénEIM5

Volver