- O centro recibiu nos últimos días novo material educativo e mobiliario para as aulas

- A escola conta con 84 alumnos matriculados repartidos en seis aulas

EquipEIM1

Valga, 13 de xaneiro de 2020.

O Concello continúa reforzando o equipamento da Escola Infantil Municipal, coa incorporación nos últimos días de novo mobiliario para as aulas e tamén material educativo para un mellor desenvolvemento da actividade docente.

En concreto, o centro recibiu un lote de libros de contos, sete caixoneiras, cinco mobles para organizar as fichas do alumnado, tres espellos, tres estanterías para os baños nas que colocar os vasos e os cepillos de dentes dos nenos e tres mobles con gabetas para ordenar o material.

Con esta nova remesa de material, o goberno municipal quere seguir contribuíndo a reforzar a actividade da escola, que conta na actualidade con 84 alumnos matriculados de entre 3 meses e 3 anos de idade. Os nenos están divididos en seis aulas: unha de 0-1 anos, outra de 0-2, dúas de 1-2 e as dúas últimas de 2-3 anos.

        EquipEIM2               EquipEIM3

         EquipEIM4         EquipEIM5

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver