Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello e a Xunta de Galicia asinaron un convenio para investir máis de 470.000 euros

- Os traballos inclúen a creación dun carril bici e de sendas peonís, a mellora do parque infantil e da pista deportiva e a dotación de mobiliario

HumanizaciónPIDM1

Valga, 9 de xaneiro de 2020.

O Parque Irmáns Dios Mosquera xa está en obras. Recentemente deron comezo os traballos de mellora e humanización proxectados polo Concello e que serán financiados en base a un convenio de colaboración asinado coa Xunta de Galicia que prevé un investimento de ata 470.000.

O obxectivo é realzar a importancia deste entorno e convertelo na zona de recreo e lecer por execelencia do municipio e da contorna, ofrecendo aos veciños e visitantes un espazo de calidade e cheo de posibilidades, dando valor á súa paisaxe característica e facéndoo o máis versátil posible para a realización do maior número de actividades.

As actuacións que se proxectan son:

   - Construción dun escenario e gradas, separados polo regato existente e que non suporán alteración do entorno xa que quedarán integradas no propio desnivel físico do terreo.

   - Execución dun carril bici arredor do parque con carácter de circuíto pechado pero, ao mesmo tempo, con posibilidade de continuidade futura. Ademais, en paralelo a este carril, crearase unha senda peonil para favorecer os paseos sen interromper a actividade interna do parque.

   - Instalación dunha nova pasarela peonil cruzando o regato e que dea continuidade á senda.

   - Acondicionamento da pista deportiva, dándolle valor e utilidade á zona hormigonada existente e dotándoa de equipamento axeitado para a práctica deportiva.

   - Dotación de mobiliario urbano como papeleiras, mesas e bancos que ofrezan aos usuarios a comodidade axeitada para gozar dunha xornada no parque.

   - Ampliación da zona de parque infantil, coa instalación de máis xogos para nenos de distintas idades.

   - Habilitar aseos públicos e un almacén nunha pequena edificación xa existente no parque.

As obras teñen un prazo de execución de seis meses.

HumanizaciónPIDM2 HumanizaciónPIDM3

HumanizaciónPIDM4

Volver