Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O contrato coa adxudicataria terá unha duración inicial dun ano, prorrogable ata un máximo de catro

- Están incluídos na concesión o Consistorio, os colexios, os centros sociais, o Museo e a Casa da Caña, o CODI, o Audiorio e o Edificio Administrativo

 

Valga, 31 de decembro de 2019.

A empresa Limpezas Germania, con sede en O Milladoiro (Teo), é a nova adxudicataria do servizo de limpeza e conservación de edificios municipais por un período inicial dun ano, prorrogable ata un máximo de catro. A nova concesionaria asumirá o mantemento das instalacións públicas pertencentes ao Concello de Valga a partir de mañá, día 1 de xaneiro.

As instalacións que se inclúen no contrato son a Casa Consistorial e o seu entorno, o Museo da Historia e a Casa da Bella Otero, os colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo, as escolas unitarias do CRA de Valga (Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza), os centros sociais de Campaña, Moldes, Pino, Igrexa-Setecoros, Vilarello, Vilares, Xanza, O Galego e a Casa da Cultura de Valga, as instalacións do Auditorio –agás o Centro de Día, a cafetería e dependencias–, o CODI, o Centro de Interpretación da Caña e o edificio de usos administrativos.

A adxudicataria deberá encargarse do mantemento dos edificios que comprenda tanto a limpeza diaria como a cobertura das necesidades puntuais que poidan xurdir. No caso do colexio Ferro Couselo, tamén deberá proceder á apertura e peche das instalacións.

O orzamento polo que se licitou o servizo ascende a 84.216 euros anuais e a adxudicación realizouse utilizando unha pluralidade de criterios en base á mellor relación calidade-prezo. Tivéronse en conta a oferta económica, o programa de traballo e o plan de limpeza para cada instalación, así coma o equipamento técnico a empregar.

Este servizo foi sacado a contratación debido á xubilación da anterior concesionaria.

Volver