Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O abandono das obras por parte do anterior contratista obriga a sacalas a concurso de novo pola vía de urxencia

- O proxecto inclúe a instalación de depuradoras nas Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e San Miguel

saneamento

Valga, 27 de decembro de 2019.

O Concello saca a contratación obras de saneamento en catro parroquias do municipio –Cordeiro, Xanza, Valga e Setecoros– cun investimento de 404.741’24 euros. A actuación, que forma parte da anualidade 2018/2019 do Plan Concellos, xa fora contratada con anterioridade, pero o abandono das obras por parte do contratista obriga a licitalas de novo pola vía de urxencia. As empresas teñen de prazo ata o día 2 de xaneiro para presentar as súas ofertas.

O proxecto inclúe traballos de mellora e ampliación da rede municipal de alcantarillado en distintos núcleos mediante a dotación de novos colectores e a instalación de pozos de bombeo e depuradoras. En concreto, as obras levaranse a cabo en Balleas-Socastro, Outeiriño-Baño-Carballiño, Sixto, Chenlo-Pontevalga, Raxoi, Vilar e Cernadas.

A execución dos colectores realizarase con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro interior e irán acompañados dos correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometidas das vivendas. Ademais, está proxectada a instalación de dúas estacións depuradoras nas zonas das Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e en San Miguel.

O goberno municipal pide desculpas aos veciños que se viron afectados pola paralización das obras, polas molestias e inconvintes que esta circunstancia lles puido ocasionar. Ao mesmo, tempo agradece a comprensión que sempre demostraron a pesar do retraso na execución.

Volver