Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O nacemento estará aberto tamén nestas xornadas festivas de Noiteboa e Nadal

- Os grupos poden solicitar cita chamando aos números de teléfono 986 55 94 56 ou 630 95 25 15

BelénFerro0

Valga, 24 de decembro de 2018.

Estudantes de colexios e institutos, usuarios de Centros de Día, membros e diversas asociacións e grupos de feligreses estiveron entre os visitantes do Belén Artesanal en Movemento durante a última semana.

O martes día 17 o nacemento recibiu a catros centros educativos, dous chegados dende a vila veciña de Pontecesures; a Escola Infantil, que levou a Campaña a 23 alumnos de último curso (2 e 3 anos); e o CPI Pontecesures, que desprazou a 50 escolares de entre 3 e 5 anos que están cursando Educación Infantil.

Nesa mesma xornada estiveron no Belén 76 alumnos de 1º a 4º cursos da ESO do instituto de Barro e tamén 82 escolares do Educación Primaria do CEIP Pumar de Urdilde (Rois).

As últimas xornadas lectivas antes das vacacións de Nadal tamén foron aproveitadas polos institutos Torrente Ballester de Pontevedra e o de Meaño para achegarse ao nacemento. Na excursión do centro meañés participaron 159 alumnos de 1º a 4º da ESO que cursan a asignatura de Relixión. Por último, no que a centros educativos se refire, estiveron no Belén os 69 escolares do CEP Xesús Ferro Couselo de Cordeiro.

Ademais, as visitas dos últimos días incluíron aos Centros de Día de Rois e Cuntis, a unha quincena de usuarios do Centro de Atención Integral Amicos de Boiro e a outras asociacións chegadas dende distintos lugares de Galicia coma un grupo de 86 chegado dende Vigo ou unha excursión con 82 feligreses das parroquias de Prado, Noceda, Madriñán, Méixome, O Corpiño, Merza, Bandeira, Lamela, Fontao, Busto e Anzo, na comarca do Deza.

Ademais destas citas concertadas, o Belén Artesanal continúa recibindo a numerosas persoas que se achegan a Campaña en grupo ou coa familia durante o horario habitual de apertura. O nacemento, obra da asociación cultural Amigos do Belén, permanecerá aberto ao público de xeito gratuíto ata o 13 de xaneiro. Entre semana de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 17 a 20:30 e os domingos e festivos de 12 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20:30 pola tarde.

BelénFerro1 BelénFerro2

BelénPontecesures1 BelénPontecesures2

BelénEIPontecesures1 BelénEIPontecesures2

BelénUrdilde1 BelénUrdilde2

BelénIESMeaño1 BelénIESMeaño2

BelénBarro1 BelénBarro2

BelénSilleda1 BelénSilleda2

Volver