Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A pesar disto, o Concello ten a día de hoxe nas súas contas bancarias un saldo positivo de 402.319’77 euros

- A operación terá unha duración dun ano e un custo máximo para as arcas municipais de 315 euros

 

Valga, 23 de decembro de 2019.

O Concello de Valga conta a día de hoxe cun saldo positivo de 402.319’77 euros nas súas contas bancarias.

A pesar diso, o goberno municipal decidiu concertar unha operación de tesourería por valor de ata un máximo de 630.000 euros. Trátase dunha medida preventiva ante o retraso no pago de diversas obras e subvencións por parte da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.

Esta operación ten unha duración dun ano e o custo máximo que terá que aboar o Concello será de 315 euros. De non ser necesario utilizar todo o importe, esta cantidade veríase reducida na parte proporcional correspondente. O Concello non terá, por tanto, que pagar ningunha comisión de apertura, nin de cancelación, nin de amortización anticipada.

O Concello de Valga tivo que anticipar o custo de varias obras e actuacións que se levaron a cabo na localidade e que foron subvencionadas por outras administracións. Non só tivo que pagar a parte que lle correspondía financiar ás arcas municipais, senón que tivo que adiantar o custo total de ditas obras, que contan con compromiso de financiación por parte da Deputación e da Xunta.

Por iso, e dado que o Estado obriga a pagar aos proveedores nun prazo máximo de 30 días, o goberno local decidiu actuar con previsión e concertar unha operación de tesourería para previr posibles impagos a proveedores en caso de que a Deputación e a Xunta sigan retrasando o ingreso das subvencións. “Este equipo de goberno é responsable e non quere, baixo ningún concepto, que a falta de pago doutras administracións poida repercutir nos nosos proveedores”.

Volver