Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde, José María Bello Maneiro, asistiu á presentación do vídeo acompañado polo seu equipo de goberno

- Industrias que levan o nome de Valga por todo o mundo, empresas familiares e proxectos innovadores teñen cabida neste traballo audiovisual

Sinfonía1

Valga, 21 de decembro de 2019.

O documental “Valga, a sinfonía das ideas” estreouse onte no Auditorio Municipal nun acto ao que asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, acompañado polo seu equipo de goberno, representantes do sector empresarial local e veciños que puideron coñecer máis polo miudo o potencial innovador e emprendedor que dan pulo á actividade económica no municipio.

O traballo audiovisual, realizado pola produtora Xurdir, está patrocinado polo Concello de Valga e por unha vintena de empresas a través das cales se pon en valor o potencial económico e a capacidade innovadora que hai na vila. Aparecen no documental industrias de primeiro nivel que levan o nome de Valga por todo o mundo, pero tamén empresas familiares, pequenos proxectos, iniciativas novidosas e recén credadas e emprendedores que fan de Valga un concello vivo e que contribúen á xeración de riqueza.

Extrugasa, Urovesa, Lema, Eldesa, Peluquería Milagros Gago, o aceite de oliva de Setecoros, Parrillada O Criollo, HobbyKart, O Forno Xardinería, Valga Consultoría Técnica, Hotel Corona de Galicia, Transportes y Excavaciones Hijos de Victoriano Rodríguez, Produto de Aldea, A Casa da Torre, Bodegas Torres Augusti, Salsas Compostela e Parrillada Ribeira Sacra son os proxectos recollidos no documental e aos que o alcalde agradeceu a súa participación e a súa contribución a facer de Valga un concello puxante a nivel empresarial. “Somos pequenos, pero somos traballadores natos”, afirmou Bello Maneiro.

 Durante o acto, que foi conducido pola comunicadora Belén Xestal, interviu tamén o director de Xurdir, Ignacio Seijo. A cantante Rosa Cedrón puxo o broche de ouro á estrea cunha actuación musical. Despois os asistentes puideron degustar unha selección de produtos locais.

O documental completo pode verse en: www.xurdir.com/valga

          Sinfonía2 Sinfonía3

Sinfonía4 Sinfonía5

Sinfonía6 Sinfonía7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver