- Un grupo de nenos participaron nun obradoiro no que confeccionaron os renos de Papá Noel
- A próxima actividade terá lugar o venres 27 tamén no Auditorio Municipal
Valga, 21 de decembro de 2019.
As bibliotecas municipais deron comezo onte ás actividades de Nadal cun obradoiro de manualidades que tivo lugar no Auditorio e no que participaron un grupo de nenos. Empregando corchos e materiais de papelería deron forma aos renos de Papá Noel.
O vindeiro venres, 27 de decembro, terá lugar unha nova actividade: un obradoiro de Reis a partir das 17 horas na biblioteca de Cordeiro. E, por último, o día 3 de xaneiro celebrarase un taller para escribir a carta aos Reis Magos.
Estas actividades son gratuítas e diríxense a nenos a partir de cinco anos de idade, se ben tamén poden asistir rapaces máis pequenos sempre que o fagan acompañados por un adulto que os axude a realizar as tarefas que se propoñen.