- A xuntanza reuniu en Campaña a unhas 180 persoas, entre directivos, traballadores e colaboradores
- Festexaron a boa traxectoria da compañía durante o ano que está a piques de rematar
Valga, 20 de decembro de 2019.
O alcalde, José María Bello Maneiro, asistiu este mediodía á tradicional comida de Nadal de Extrugasa, que reuniu nas instalacións da fábrica de Campaña a directivos, traballadores, colaboradores e outros achegados da empresa, a de maior envergadura de Valga tanto en superficie como en número de empregados.
Na xuntanza tamén participaron o tenente alcalde, Román Castro, e o concelleiro Pedro Calvo. En total reuníronse unhas 180 persoas, algunhas chegadas dende Salamanca, Barcelona e outros puntos da xeografía española nos que Extrugasa ten intereses empresariais e comerciais.
Degustaron produtos da terra coma mexillóns, empanada e carneiro ao espeto para fesgexar a boa traxectoria da empresa durante o ano que está a piques de rematar.