Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estiveron na Escola Infantil Municipal, no CODI e visitaron aos usuarios do Centro de Día

- Melchor, Gaspar e Baltasar tamén acudiron ao festival que celebraron en Chanteclair o CRA e os colexios de Baño e Cordeiro

ReisM1

Valga, 20 de decembro de 2019.

Os Reis Magos estiveron esta mañá en Valga, saudando e enchendo de ilusión a os máis pequenos e visitando aos usuarios do CODI e do Centro de Día. Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polos seus paxes, adiantaron a súa chegada á vila para recoller as últimas cartas dos rapaces e asegurarse de que ningún quedará sen xoguete este Nadal.

A súa visita comezou pola Escola Infantil Municipal, onde os nenos e o equipo educativo os recibiron con moita ledicia. Os Magos de Oriente repartiron caramelos entre os pequerrechos. A seguinte parada da comitiva real foi no CODI, para alegría dos seus usuarios, aos que tamén agasallaron con lambetadas.

Foi unha mañá de moito traballo para Melchor, Gaspar e Baltasar, que a continuación se desprazaron ata a sala de festas Chanteclair, onde o alumnado dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo e das escolas unitarias de Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza estaban a celebrar un festival de Nadal. No escenario os Magos instalaron o seu buzón real para que os nenos deixaran as súas cartas e foronos recibindo un por un. Ao remate desta festa, o alumnado regresou ás instalacións dos colexios de Baño e Cordeiro, onde degustaron churros aportados polo Concello e chocolate

Por último, os Reis fixeron tamén unha visita ao Centro de Día para saudar aos seus usuarios.

ReisM2 ReisM3

ReisM4 ReisM5

ReisM6 ReisM7

ReisM8ReisM9

ReisM10 ReisM11

ReisM12 ReisM13

Volver