Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nas actuacións estiveron representadas as diferentes especialidades que se imparten no CSM Galicia

- O domingo ás 20 horas haberá un novo concerto de música tradicional galega

CSMNadal1

Valga, 19 de decembro de 2019.

Alumnos do Centro Superior de Música ofreceron o mércores un concerto no Auditorio Municipal no que amosaron os resultados do traballo realizado nas aulas durante as primeiras semanas do curso.

Nas actuacións estiveron representadas as diferentes especialidades que se imparten no CSM Galicia: vento metal, vento madeira, piano, música moderna e jazz, entre outras.

Actuaron Martín Chaves (piano), Yuri Durán (piano), Pablo Castaño (saxofón), Aitor López (violín), Abraham Santiago (piano e batería), Miguel C. Domínguez (piano) e Ariel García (guitarra).

Graduación de Gaita

O domingo terá lugar un novo evento musical no Auditorio, un concerto de fin de estudos de Instrumentos de música tradicional e popular galega, a cargo de Isidro Vidal. Dará comezo ás 20 horas e a entrada é de balde.

Isidro Vidal iniciouse na música tradicional galega aos sete anos, formándose con mestres coma Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, David Bellas, Ernesto Campos, Paulo P. ou Patrick Molard.

É titulado profesional en gaita galega polo Conservatorio Mayéusis de Vigo e está a piques de rematar a súa formación en construción de instrumentos tradicionais no Obradoiro de Instrumentos Tradicionais e Populares da Deputación de Ourense e na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Paralelamente fórmase en percusión, canto, guitarra, clarinete, zanfona e frautas (requinta e whistle), así coma en composición.

Ten publicados unha ducia de traballos discográficos con diferentes agrupacións de música tradicional, folk e indie pop, e participou como compositor na publicación do libro Gaita 2.1 Músicas do XXI a Xeito Tradicional.

Ten realizado xiras por España, Portugal, Reino Unido, Francia, Italia, Alemaña, República Checa e Estados Unidos con diferentes formacións tanto de música folk ou tradicional coma indie pop.

Actualmente é mestre na Escola de Música Municipal do Porriño, na Escola de Música Tradicional de Cea, na Escola de Música de Boborás e na Escola de Música Tradepop do Carballiño.

CSMNadal2 CSMNadal3

CSMNadal4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver