Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e as concelleiras Carmen Gómez e Malena Isorna realizaron unha ofrenda floral na estatua da bailarina

- A partida de bautismo que se expón no Museo da Historia fixa a data de nacemento da artista o 19 de decembro

151BellaOtero 1

Valga, 19 de decembro de 2019.

O Concello rendeu homenaxe esta mañá á valguesa máis internacional, a Bella Otero, con motivo do 151 aniversario do seu nacemento.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Carmen Gómez e Malena Isorna realizaron unha ofrenda floral ante a estatua da bailarina que se erixe no Parque Irmáns Dios Mosquera. Ante a imaxe da artista colocaron un ramo de camelias, algunhas delas da variedade “Bella Otero”, que medra ao carón da efixie.

A que foi estrela do Filies Bergère parisino durante a Belle Époque naceu en Valga o 19 de decembro de 1868, tal e como indica a partida bautismal que se expón no Museo da Historia. Este documento, datado o 20 de decembro daquel ano, indica que Agustina de Carmen Otero –artísticamente coñecida co nome de Carolina– naceu “o día anterior, filla de pai incógnito e de Carmen Otero”.

151BellaOtero 2

Volver