Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O módulo inclúe contidos sobre riscos no traballo, medidas preventivas e primeiros auxilios

- Os aprendices tamén realizarán prácticas con arneses de seguridade

ObradoiroRiscos1

Valga, 19 de decembro de 2019.

O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV, no que participan vinte persoas desempregadas dos concellos de Valga e Moraña nas especialidades de albanelería e forestal, están recibindo formación en prevención de riscos laborais.

O módulo de 60 horas de duración inclúe contidos relacionados cos conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, os riscos no entorno laboral, medidas preventivas e primeiros auxilios. Ademais, impartirase outra formación específica para os aprendices da especialidade de albanelería, que terá seis horas de duración.

No transcurso deste módulo realizaranse prácticas con arneses de seguridade e liñas de vida, de primeiros auxilios e de reanimación cardiopulmonar.

Esta formación trata de concienciar ao alumnado sobre a importancia da seguridade e a saúde no traballo, axudándoos a identificar e analizar os riscos xerais e específicos da súa actividade. A directora do Obradoiro, Mª Carmen Vidal, destaca que se trata “dunha formación moi importante xa que, desde o comezo do proxecto, estamos a velar especialmente pola seguridade e a prevención de riscos laborais”.

Na mesma liña de cumprimento das obrigas de vixilancia da saúde, o persoal do Obradoiro de Emprego está realizando nestes días os recoñecementos médicos.

ObradoiroRiscos2

 

Volver