Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O sistema de calefacción e aire acondicionado dará servizo á planta baixa do inmoble

- A actuación, valorada en 80.000 euros, financiouse a través dun convenio coa Xunta de Galicia

XTPresidencia1

Valga, 18 de decembro de 2019.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Ramón Pereiro, visitaron esta mañá o edificio de usos administrativos para supervisar as obras de eficiencia térmica executadas recentemente.

A actuación conlevou a instalación dun sistema de calefacción, ventilación e aire acondicionado para dar servizo á planta baixa do inmoble, cun investimento total de 80.000 euros.

Colocáronse unha bomba de calor aire-agua, un recuperador de calor para a purificación do aire e varios “fancoils de cassette” de dous tubos nas distintas dependencias da planta baixa. Trátase duns dispositivos que van colocados no teito e que están formados por unha batería de intercambio de frío e calor e un ventilador. Os traballos completáronse coa instalación das correspondentes válvulas, reixas e un termostato.

Estas obras financiáronse a través dun convenio entre o Concello e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e foron executadas pola empresa valguesa Instalaciones Nurmel S.L.

       XTPresidencia2            XTPresidencia3

Volver