- A actividade “O papel dos avós e das avoas como transmitores da lingua e cultura galegas” celébrase a partir das 17 horas
- Poden participar persoas de distintas xeracións para favorecer a socialización
Valga, 18 de decembro de 2019.
O Auditorio Municipal acolle o vindeiro luns, 23 de decembro, un obradoiro de dinamización da lingua galega que pon en valor o papel das persoas maiores na transmisión da lingua e a cultura galegas ás novas xeracións.
A actividade, denominada “Os avós e as avoas como transmisores de lingua e cultura galegas”, dará comezo ás 17 horas. É de participación gratuíta e non é necesario inscribirse con anterioridade. Poden asistir veciños de distintas xeracións, tanto persoas maiores como os seus fillos e netos, para así favorecer a socialización e o achegamento entre diferentes formas de entender a realidade social e lingüística.
O obradoiro será dirixido pola psicóloga Cándida Rodríguez, que incidirá precisamente na transmisión interxeracional da lingua galega a través do encontro e diálogo entre as persoas de máis idade e as xeracións máis novas. É organizado pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Valga.