Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Solicítase á Xunta, á Deputación e á Fegamp a convocatoria dunha reunión cos concellos afectados para decidir unha nova ubicación

- Entre os días 21 e 25, ambos incluídos, non haberá servizo no turno de tarde por falta de persoal

 

Valga, 18 de decembro de 2019.

O Concello de Valga informa que o próximo día 31 de decembro de 2019, ás 24:00 horas, dará por finalizada a xestión do Grupo de Emerxencias Supramunicipal ubicado nesta localidade e que presta servizo, tamén, aos concellos de Pontecesures, Catoira, Caldas de Reis, Portas e Valga.

Así se lle comunicou á Vicepresidencia da Xunta de Galicia, á Deputación Provincial de Pontevedra e á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), solicitándolles que coa máxima urxencia se convoque unha reunión entre estes tres organismos e os concellos afectados co fin de decidir unha nova ubicación para o servizo.

Ademais, tendo en conta que Valga é o municipio da comarca máis afastado dos servizos de emerxencias, solicítase á Deputación que a partir do día 1 de xaneiro de 2020 se faga cargo da xestión de dito servizo.

Por outra parte, comunícase aos veciños que entre os días 21 e 25 de decembro, ambos incluídos, non haberá servizo de emerxencias no turno de tarde (de 14 a 22 horas) debido a falta de persoal, polo que ante calquera incidencia deberán chamar ao 112.

Volver