Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os interesados deben inscribirse na Oficina de Emprego de Vilagarcía para participar no proceso de selección

- A actividade comezará a impartirse en xaneiro e prolongarase ata agosto de 2020

soldadura2

Valga, 17 de decembro de 2019.

O IES de Valga impartirá durante os vindeiros meses un curso de soldadura oxigás e soldadura mig/mag para o que xa está convocado o proceso de selección do alumnado.

Poden participar nesta actividade formativa persoas desempregadas que teñan o graduado en ESO e cun nivel profesional 2. Deben anotarse na Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa, dende a que os candidatos serán chamados para a selección, que terá lugar o día 7 de xaneiro a partir das 10 horas nas instalacións do instituto. O número de prazas dispoñibles é de quince e elixiranse tamén a varios suplentes.

O curso dará comezo o 14 de xaneiro e prolongarase ata o 7 de agosto de 2020, cun total de 718 horas. Os módulos e contidos formativos son os seguintes: interpretación de planos de soldadura, procesos de corte e preparación de bordes, soldadura oxigás, soldadura mag de chapas de aceiro ao carbono, soldadura mag de estructuras de aceiro ao carbono, soldadura mig de aceiro inox e aluminio, soldadura con arame tubular, prevención de riscos laborais, inserción laboral, igualdade. Ademais, tamén inclúe a realización de prácticas profesionais non laborais.

O curso é promovido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no marco do programa de cursos de Formación Profesional para o Emprego 2019/2020.

Volver