Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O traballo audiovisual pon en valor a industria e a actividade económica no municipio

- O acto incluirá unha actuación musical a cargo de Rosa Cedrón e unha degustación de produtos da terra

DocumentalSinfonía

Valga, 17 de decembro de 2019.

O Auditorio Municipal acolle o vindeiro venres, 20 de decembro, a estrea do documental “Valga, unha sinfonía de ideas”, que pon en valor a industria e a actividade económica no municipio.

O traballo audiovisual foi realizado pola productora Xurdir e está patrocinado polo Concello de Valga e preto dunha vintena de empresas a través das cales se quere promocionar o potencial económico e a capacidade innovadora que hai en Valga.

As empresas que aparecen recollidas no documental son moi heteroxéneas, dende as grandes industrias asentadas no municipio, a proxectos históricos e familiares, representación do sector servizos, iniciativas novidosas e outras recén creadas. O obxectivo é realizar un retrato o máis fiel posible da realidade empresarial valguesa.

O acto de estrea de “Valga, a sinfonía das ideas” dará comezo ás 20:30 horas e nel intervirán o alcalde, José María Bello Maneiro, e o director da produtora Xurdir, Ignacio Seijio. Belén Xestal será a presentadora e haberá unha actuación musical a cargo de Rosa Cedrón.

Para rematar, todos os asistentes poderán degustar unha selección de produtos da terra.

A entrada é libre e gratuíta para todas as persoas que queiran asistir.

Documental empresas

Volver