Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A exposición inclúe traballos pictóricos, esculturas e arte cerámica

- Pode verse no Auditorio Municipal ata o día 31 de decembro

A3mans 1

Valga, 5 decembro de 2019.

O Auditorio Municipal alberga durante o mes de decembro a exposición “A tres mans pola vida”, con obras de Ángeles Garrido, Ana María González e o falecido Pepe Potel. A mostra poderá verse ata o día 31 e reúne pintura, escultura e arte cerámica.

Na parte pictórica comparten protagonismo Ángeles Garrido e Pepe Potel. A primeira con obras vencelladas ao empoderamento feminino nas que predomina a cor violeta. O obxectivo da artista é “destacar a parte positiva desta cor” –relacionada a temáticas tan dramáticas coma a violencia de xénero– e reflexionar sobre a vida despois da violencia. A figura da muller é a protagonista dos cadros, feitos en pigmentos e, algúns, con pequenos detalles e decoracións en arxila. Ademais, Ángeles Garrido, expón unha peza escultórica coa que quere representar “o bucle da violencia de xénero”.

As obras de Pepe Potel reflexan a súa paixón pola pintura e polo seu pobo, Valga, no que foi un dos grandes promotores desta disciplina artística. Os cadros que poden verse na exposición foron cedidos pola familia. Hai traballos ao óleo, tamén acrílicos e outros con pigmentos. A pintura costumista de Potel, tamén coñecida como “pintura de xénero, reflexa o comportamento social ou estético que caracteriza a un grupo humano pertencente a unha época, lugar e cultura determinados.

Por último, Ana María González amosa diferentes traballos relacionados coa súa profesión de restauradora de bens culturais especializada en arqueoloxía. Exponse no Auditorio unha maqueta do aspecto que presentaría o xacemento do Monte do Castro (Ribadumia) durante a súa época de uso, a Idade de Ferro. Acompáñase con varias ilustracións sobre como era a vida neste asentamento e a reconstrución do interior e do exterior dunha cabana. Tamén poden verse réplicas a pequena escala doutros bens patrimoniais da comarca como as Torres de Oeste, e outras obras modeladas con arxila. Contribuir á divulgación do patrimonio cultural de Galicia é o obxectivo que a restauradora persegue coa súa participación en iniciativas coma esta exposición. “É unha mediada máis para a conservación preventiva”, indica.

A3mans 2 A3mans 3

A3mans 6 A3mans 8

A3mans 10          A3mans 11

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver