- O ambulatorio de Baño conta agora con cinco especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria

- O goberno municipal continúa realizando xestións para mellorar o servizo sanitario

 

Valga, 4 de decembro de 2019.

Dende comezos desta semana está a prestar servizo no Centro de Saúde de Valga o novo médico de familia destinado pola Consellería de Sanidade, atendendo ás peticións realizadas polo goberno municipal para que os servizos sanitarios no municipio se visen reforzados.

Coa incorporación deste facultativo, os máis de seis mil pacientes do Centro de Saúde de Baño que superan os 14 anos de idade pasarán a contar con cinco especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria.

A chegada do novo médico contribuirá, deste xeito, a mellorar o servizo que se ofrece aos veciños, reducindo a carga de traballo do resto de facultativos de familia para que poidan adicar máis tempo a prestar unha boa atención aos seus pacientes.

O goberno municipal amósase satisfeito por ter conseguido esta mellora e agradece á Consellería de Sanidade a súa sensibilidade cos usuarios valgueses.  “Seguiremos realizando xestións e solicitando melloras no servizo sanitario que se presta no noso concello. Aínda quedan algunhas demandas pendentes e esperamos que sexan tamén atendidas”, indica o alcalde, José María Bello Maneiro. O ano pasado, lembra, xa se incorporara ao Centro de Saúde unha nova enfermeira e se produciran outras melloras coma a ampliación do calendario de extraccións para analíticas.

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver