Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Reuniuse o alumnado do colexio de Baño e Ferro Couselo e das escolas unitarias

- Asistiron a un concerto da Gramola Gominola e recibiron a visita dos Reis Magos

nadal3

Valga, 21 de decembro de 2017.

O festival de Nadal dos centros educativos de Valga reuniu esta mañá no Auditorio Municipal a case cincocentos escolares dos colexios Baño-Xanza, Xesús Ferro Couselo de Cordeiro e das escolas unitarias de Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza.

No último día de actividade educativa antes das vacacións de Nadal, os rapaces asistiron a un concerto de rock a cargo do grupo A Gramola Gominola e despois recibiron a visita dos Reis Magos, que xunto cos seus paxes fixeron unha rápida viaxe a Valga para repartir caramelos e recoller as últimas cartas dos nenos da vila. O festival rematou cunha merenda aportada polo Concello.

Os Magos de Oriente tamén acudiron á Escola Infantil Municipal, a visitar aos rapaces máis pequenos, moi ilusionados ao ver aos Reis. Melchor, Gaspar e Baltasar remataron o seu percorrido pola vila previo á cabalgata do 5 de xaneiro con paradas no Centro de Día e no CODI, desexándolles un bo Nadal a os usuarios e ao persoal dos dous centros.

nadal1 nadal2  

Volver