Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O acto terá lugar ás 17:00 horas e o público poderá visitar o nacemento a partir das 17:45

- A estrea contará coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro

MontaxeBelén1

Valga, 27 de novembro de 2019.

O Nadal chega a Valga este domingo coa inauguración dunha nova edición do Belén Artesanal en Movemento, un dos nacementos máis afamados de Galicia e de España e que atrae cada ano a milleiros de visitantes, destacando como un dos principais atractivos turísticos de Valga. Non en balde, está declarado de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2013.

A inauguración terá lugar ás 17:00 horas e contará coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que acompañará ao alcalde, José María Bello Maneiro, aos demais membros da Corporación municipal e aos integrantes da Asociación Amigos do Belén, os verdadeiros artífices do nacemento. Unha vez rematado o acto, darase paso ás visitas do público a partir das 17:45.

Os preparativos desta nova edición do Belén Artesanal remóntanse a comezos do mes de outubro. Arredor de 35 veciños partipan nestas tarefas, que durante as primeiras semanas se centraron na recollida e clasificación de todas as pezas que formaron parte da última composición e a reparación de motores e mecanismos. O seguinte paso do proceso foi a creación de novas figuras e construcións para engadir novas escenas ao nacemento e, dende hai días, xa está en marcha a colocación e montaxe para sorprender, un ano máis, ao público a partir deste domingo.

Como é habitual o Belén de Campaña fará un repaso polos acontecementos locais, nacionais e internacionais que máis repercusión tiveron durante o ano 2019 en ámbitos como a política, cultura ou sociedade, entre outros. Este é, sen dúbida, o principal atractivo e rasgo distintivo do nacemento valgués, conxugando nos seus 400 metros cadrados esceas da tradición de Nadal, outras propias da cultura popular de Galicia e a representación de sucesos de actualidade facilmente recoñecibles para o público. Todo feito a man de xeito artesanal.

O Belén permanecerá aberto ao público de xeito gratuíto ata o 12 de xaneiro de 2020. O horario entre semana é de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 17:00 a 20:30 e os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:30 pola tarde.

MontaxeBelén2 MontaxeBelén3

MontaxeBelén4 MontaxeBelén5

MontaxeBelén6          MontaxeBelén7

INAUGURACIÓN BELEN 19 20

Volver