Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- No certame poden participar particulares, colectivos e casas comerciais

- Os premios para os tres mellores nacementos e agasallos para o resto de participantes entregaranse na Cabalgata de Reis

Nacemento

Valga, 21 de novembro de 2019.

O Concello de Valga convoca unha nova edición do concurso de beléns, no que poden participar particulares, casas comerciais, asociacións e outras entidades de Valga. Os interesados en tomar parte neste certame poden inscribirse na Casa do Concello ou no Auditorio Municipal. O prazo estará aberto ata o vindeiro 20 de decembro.

O xurado, que será designado pola Concellería de Cultura, visitará os beléns participantes na xornada do sábado 21 de decembro.

Os tres mellores nacementos recibirán premios e tamén haberá agasallos para o resto de participantes, que se entregarán o día 5 de xaneiro, coincidindo coa Cabalgata de Reis.

Bando ConcursoBeléns

Volver