Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O mércores tamén se achegaron a Campaña os usuarios do Centro de Día de Vilagarcía

- O nacemento estará aberto ao público os días de Noiteboa e Nadal en horario de mañá e de tarde

Ferrol

Valga, 22 de decembro de 2017.

Escolares de Ferrol, Pontevedra, Valga, Caldas de Reis e Moraña visitaron nos últimos días o Belén Artesanal en Movemento, sumando os distintos grupos máis de 500 estudantes.

As visitas organizadas desta semana comezaron o luns cos doce nenos da escola unitaria de Lamas (Moraña), 36 escolares do colexio Salvador Moreno de Pontevedra e o alumnado do IES de Valga.  O martes foi un grupo de 87 rapaces de 3º e 4º de Primaria os que chegaron dende Ferrol, en concreto do colexio Cristo Rey, na que foi a súa primeira visita ao nacemento de Campaña. Non así o IES Torrente Ballester de Pontevedra, que repetiu por oitavo ano desprazamento a Valga. Foron, en concreto, 70 os mozos da asignatura de Relixión de 1º e 2º da ESO os que visitaron o Belén.

O mércores foi o turno do colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro, cun cento de alumnos, ademais dos usuarios do Centro de Día de Vilagarcía, e onte xoves o Belén recibiu a 120 escolares do CEIP San Clemente de Cesar, de Caldas de Reis.

O Belén estará aberto ao público os días de Noiteboa e Nadal, tanto pola mañá como pola tarde. A vindeira semana, xa sen actividade educativa, as excursións dos colexios deixarán oco a outros colectivos como o Centro de Día de Dodro e asociacións de Pontevedra que xa teñen fixadas visitas.

O Belén Artesanal, obra da asociación Amigos do Belén, conta nesta edición con arredor de 4.500 figuras dispostas nunha superficie de 400 metros cadrados. Permanecerá aberto ao público de xeito gratuíto ata o domingo 14 de xaneiro, entre semana de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 17 a 20:30 e os domingos e festivos de 12 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20:30 pola tarde. Os grupos poden concertar as visitas a través do número de teléfono 630 95 25 15. 

Ferro Couselo 

Volver