- A actividade enmarcouse na campaña de sensibilización contra a violencia de xénero organizada polo Concello
- O próximo venres terá lugar, tamén no Auditorio, o espectáculo de marionetas “Xogo revolto”
Valga, 18 de novembro 2019.
O Auditorio Municipal recibiu o venres á contadora de historias Soledad Felloza, que presentou o seu espectáculo de narración oral "Bolboretas".
Relatou historias de mulleres e nenas que voan alto para amosar que un mundo igualitario e sen violencia é posible.
A actividade foi organizada polas bibliotecas municipais no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e como parte da campaña de sensibilización promovida polo Concello con motivo do 25-N, Día Internacional contra a violencia de xénero.
O vindeiro venres, día 22, terá lugar tamén no Auditorio unha nova actividade infantil en clave de igualdade: “Xogo revolto”, unha obra teatral con marionetas que trata de reforzar unha axeitada educación emocional e en valores, ensinando dun xeito chamativo e divertido que amosar os sentimentos e emocións non nos fai parecer débiles.
Será a partir das 17:30 horas con entrada de balde.