- A celebración, que tivo lugar onte pola tarde, reuniu a unhas sesenta persoas
- Cantaron panxoliñas, celebraron o seu propio sorteo de lotería e degustaron doces típicos destas datas
Valga, 22 de decembro de 2017.
O Centro de Día de Valga celebrou onte unha xornada de convivencia coa participación dos familiares dos seus 28 usuarios e que reuniu a unha sesenta persoas entorno actividades festivas e tradicionais de Nadal.
Os asistentes cantaron panxoliñas e celebraron o seu propio sorteo de lotería no que o Gordo era unha caixa de bombóns. Boa parte dos premios estaban elaborados polos propios usuarios e personal do Centro de Día dentro das súas actividades cotiás: broches, chaveiros, adornos para a árbore de Ndal, portafotos ou pulseiras.
A celebración rematou cunha merenda a base de produtos e doces típicos destas datas e desexándose todos unhas boas festas.