Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os nenos empregaron cartulinas e goma eva para crear unha imaxe da Virxe, San Xosé e o Neno Xesús

- O día 29 terá lugar un novo taller, neste caso de postais de Reis

obra1

Valga, 23 de decembro de 2017.

A biblioteca municipal de Cordeiro celebrou onte o primeiro dos obradoiros organizados para estas datas de festas, no que os nenos puideron realizar as súas propias postais de Nadal.

Empregando materiais como cartulina, goma eva, pegamento e rotuladores crearon unha imaxe coa Virxe María, San Xosé e o Neno Xesús.

Os talleres organizados polas bibliotecas municipais continúan a próxima semana. O día 29 a partir das 17:30 terá lugar, tamén en Cordeiro, un obradoiro de postais de Reis. A programación rematará o día 4 de xaneiro, cando os nenos poderán escribir as súas partas para os Reis Magos.

Estas actividades son gratuítas e están dirixidas a nenos a partir de 5 anos de idade, se ben os máis pequenos tamén poden particirpar acompañados dun adulto que os axude.

obra2 obra3 obra4 obra5 obra6

Volver