Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A empresa valguesa Instalaciones Nurmel foi a adxudicataria dos traballos

- A actuación está valorada en 80.000 euros e finánciase a través dun convenio coa Vicepresidencia da Xunta

climatizaciónEdificioAdministrativo1

Valga, 7 de novembro de 2019.

A empresa valguesa Instalaciones Nurmel S.L. está executando obras de eficiencia térmica no edificio de usos administrativos. A actuación inclúe, en concreto, a instalación dun sistema de calefacción, ventilación e aire acondicionado cun investimento total de 80.000 euros.

Os traballos consisten na instalación dunha bomba de calor aire-agua e de varios “fancoils de cassette” de dous tubos nas distintas dependencias da planta baixa. Trátase duns dispositivos que van colocados no teito e que están formados por unha batería de intercambio de frío e calor e un ventilador. Os traballos complétanse coa instalación das correspondentes válvulas, reixas e un termostato.

As obras fináncianse a través dun convenio entre o Concello e a Vicepresidencia da Xunta.

              climatizaciónEdificioAdministrativo2                 climatizaciónEdificioAdministrativo3

Volver