Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos, nos que se invisten de 120.000 euros, foron adxudicados á empresa Covsa

- A instalación de canalizacións soterradas, a creación de beirarrúas e a pavimentación de viais son algunhas das actuacións que se inclúen

OBRASCAMPAÑA1

Valga, 30 de outubro de 2019.

A empresa Construcións, Obras e Viais (Covsa) ten en execución as obras de acondicionamento e das infraestruturas viarias no entorno da área empresarial de Campaña, un proxecto no que se están investindo 120.000 euros. O Concello conta cunha subvención de 92.831’21 euros da Consellería de Economía, Emprego e Industria para financialo.

Con esta actuación quérese dar resposta ás necesidades das empresas asentadas nesta zona, adecuando as infraestruturas da zona á súa envergadura, de maneira que poidan contar cun acceso de calidade en beneficio tanto dos traballadores como das propias industrias.

Os traballos que se están levando a cabo inclúen a instalación de canalizacións soterradas, a dotación de tubaxes para a recollida de augas pluviais, a construción de beirarrúas, o acondicionamento dunha zona de estacionamento e pavimentación dos viais.

A área empresarial de Campaña conta cunha superficie aproximada de 315.000 metros cadrados e ten o seu acceso principal dende a estrada autonómica PO-548. Ten asentadas a tres grandes empresas, dúas do sector do aluminio e outra do sector da automoción, que suman na actualidade uns 900 traballadores que a diario se desprazan ata a zona, xa sexa a pé ou en vehículos particulares.

Estas industrias están promovendo e executando ampliacións nas súas instalacións e isto leva parello un aumento do persoal que alí desenvolve a súa actividade profesional e tamén da producción, co conseguinte incremento na circulación de vehículos e no tránsito de peóns.

 

OBRASCAMPAÑA2 OBRASCAMPAÑA3

Volver