Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Poden presentarse como aspirantes persoas que, aínda non sendo licenciadas en Dereito, reúnan os requisitos para o ingreso na Carreira Xudicial

- De non haber solicitudes, o Pleno poderá elixir libremente aos novos responsables do Xulgado

 

Valga, 23 de outubro de 2019.

O Concello iniciou o proceso para elixir xuíz de paz titular e suplente, para o que publicou o correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Dende hoxe e durante un prazo de quince días hábiles as persoas que estean interesada e reúnan as condicións legais poden presentar por escrito a súa candidatura, dirixida á Alcaldía.

Durante este tempo na Secretaría do Concello pódese examinar o expediente e solicitar información en canto a requisitos, duración do cargo, remuneración, etc.

En caso de que non se presenten candidaturas, o Pleno da Corporación terá a potestade de elixir libremente xuíz de paz.

Este proceso réxese polos artigos 101 e 102 da Ley Orgánica del Poder Judicial e os artigos 4, 5.1 e 6 do Reglamento 3/1995 de los Jueces de Paz. Nesta lexislación disponse, entre outras cuestións, que os xuíces de paz e os seus substitutos serán elixidos por un período de catro anos polo Pleno do Concello, co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros, entre as persoas que, reunindo as condicións legais, así o soliciten. De non haber solicitantes, o Pleno poderá elixir libremente.

Poderán postularse como candidatos persoas que, aínda non sendo licenciadas en Dereito, reúnan os requisitos establecidos pola lei para o ingreso na Carreira Xudicial e non estean incursos en ningunha das causas de incapacidade ou de incompatibilidade para o desempeño das función xudiciais.

Anuncio publicado no BOP

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver